Arde Galicia

Están quemando Galicia. Lo que pienso/siento estos días soy incapaz de trasladarlo a palabras. Lo único que deseo es que a los tipos que están cometiendo estas atrocidades los detengan y pasen muchos años a la sombra. Y aunque suene poco correcto, no me parecería mal que los torturaran…
Por otra parte no estaría mal que la sociedad gallega hiciera un poco de autocrítica. Este es el resultado del enanismo mental reinante que busca beneficios exiguos a muy corto plazo. Hemos substituido nuestros bosques por plantaciones intensivas de eucaliptos. También carecemos de ordenación del territorio, asfaltamos el monte, y construimos casas en cualquier parte. Todo esto está ayudando y mucho a los desgraciados que están destrozando el país.
Por cierto, a la hora de hacer carroñerismo político con una catástrofe ecológica (todos los políticos son nauseabundos) ¿el PP no podía mandar a otro que no fuera el exalacalde de Benidorm?
La foto de arriba es la prueba de cómo ayer nos robaron el sol (más y mejores testimonios en flickr)


CUI PRODEST ¿ A quén benefician os incendios ?
A gravidade da situación que estamos a viver arestora, co lume nas nosas portas, require a urxentísima aplicación de medidas excepcionais. É inexcusabel suspensión cautelar sine die de tódalas recalificacións de terreos e dos pláns parciais de tódolos concellos de Galiza.
Moitos pensarán que a mafia do formigón non poderá burlar a proibición de recalificar os terreos queimados en trinta anos: mirade quéns, con qué grandes grupos inmobiliarios están a recalificar ou construir ilegalmente; onde, as comisións que cobran e como o ilegal, despois dalgún tempo convírtese en legal: son eles.
A baza dos galegos despois de apagar o lume destes terroristas
-parvos de baba, dereitistas resentidos e incendiarios profesionais pagados polas mafias- é que as construccións ilegais sexan demolidas antes da súa legalización e que os proxectos legalizados a golpe de talonario sexan revisados e paralizados definitivamente.
Estáse a proxectar a construcción de máis de 600.000 vivendas en campos de golf e resort xigantescos; dunha magnitude, coma a os incendios, descoñecida ata agora no noso país. Un horror en forma de desmontes e valados de formigón que delimitarán as novas urbanizacións, algunhas delas, informádevos do que fan os vosos alcaldes, do tamaño de Lalin ou Carballo.
Axiña veremos numerosos desahucios e poboación desprazada polas recalificacións, a suba do prezo das vivendas, o incremento do número das baldeiras e, paradoxalmente, a do prezo dos alugueres. Tambén serán moitos os que na súa tolemia enaxenarán ledamente o lar dos devanceiros.
Producirase, asémade, o incremento dos arrastres erosivos que significarán a desaparición por soterramento ou contaminación dos bancos marisqueiros por mor das talas masivas, os incendios forestais e o impacto directo das proprias urbanizacións.
Este tipo de operacións contemplan a construcción de hoteis e macro-centros comerciais pensados para as franquicias e as grandes distribuidoras, dentro e fora das urbanizacións, que comportan o afundimento do comercio local e o aumento do coste da vida.
Sábese ben que a urbanización salvaxe do terrritorio supón a modificación dos microclimas locais, a desaparición da frora e da fauna autóctonas e a introducción doutras especies perxudiciais nas zonas aínda non eucaliptizadas xunto coa proliferación desmesurada de infraestructuras viarias -con pasos de fauna inexistentes ou meramente propagandísticos- ideadas para dar servizo exclusivamente ás grandes urbanizacións.
Coñécense tambén as consecuencias das alteracións nos niveis freáticos, ademáis da perda da calidade da auga e a contaminación de acuíferos, sendo imposibel a depuración de maiores volumes nas actuais instalacións.
O colapso dos servizos. Os desaxustes presupostarios lóxicos dun desenrolo vertixinoso e desordeado suporán o abandono de servizos por mor do desvío de recursos nos concellos mafiosos. Escolas e hospitais públicos ateigados pola nova viciñanza, insuficientes en número e dotación. Índices de constructividade delirantes e zonas verdes que en realidade serán de reserva do chán para servizos, porque non haberá outras nas que ubicalos… Colapso das infraestructuras viarias existentes por desgaste e incapacidade para absorber o inxente caos de tráfico consecuencia da desfeita.
Encarecimento e fallos nos suministros de auga e enerxía eléctrica. Abandono, en suma, do mantemento e prestación dos servizos públicos esenciais, que pasarán a ser un obxectivo secundario… Ou privado. Agora que ninguén pense na iniciativa empresarial ceibe porque vai todo nun mesmo paquete pechado: os mesmos que recalifican ilegalmente adxudican as novas concesións. Adiviñade a quén. O porqué exacto. De qué contrapartidas ilegais dependerán uns servizos públicos máis caros e selectivamente eficientes.
A propaganda; a ocultación da realidade e o fomento de falsas espectativas: un fraude de proporcións monstruosas. Corrupción dos medios de comunicación existentes e criación doutros temporais para vender a desfeita e xustificala políticamente. Fomento da sensación de impunidade legal entre os acólitos da mafia. Inzamento da falsa idea de que a sobrevaloración da vivenda pode durar sempre para que non se retraiga o consumo. Os máis lacazáns pensarán que levan algo coa estafa inmobliaria cando na realidade destruen a verdadeira riqueza, a calidade de vida e mailo patrimonio común. Ademáis, perderán diñeiro.
A sustitución da toponímia orixinal, borrando literalmente do mapa os nomes das aldeas e os lugares, será un feito se ninguén o impide. Sen falar da esquisita sensibilidade dos especuladores co patrimonio arqueolóxico, que xa é ben coñecida. A perda do patrimonio construido tambén estará garantida: demolición dos béns non inventariados, expedientes de ruina fraudulentos, e ausencia de diálogo formal entre as construccións tradicionais e as novas urbanizacións. Coa mafia chegarán tambén os coñecidos estilos constructivos do kitsch máis chafalleiro: logo virán os duplex tipo corredor, tambén coñecidos coma covas ou tubos, para que, democráticamente, podan hipotecar a súa vida os inmigrantes africanos que as construiron nos memos bancos que financian, teóricamente, a desfeita constructiva: nula calidade vendida a prezos de luxo.
O emprego non aumentará: as 12 horas de traballo para a man de obra de patera caerán no silenzo do amarelismo antiobreiro subvencionado. As baixadas salariais e a ausencia de alternativas rendibeis ao marxe dun modelo económico excluinte e insostibel faránse notar axiña. Unha vez rematada a festa non haberá industrias alternativas nas que traballar, nin, por suposto, onde emigrar.
Ficarán, eso sí, os mafiosos coa súa impresentabel estética neo-caciquil e os seus sinistros métodos e obxectivos. Propiciando, en plena crise enerxética, unha regresión aos modelos sociais e de desenrolo anteriores á nova conciencia ecolóxica; é dicir, ás redes da sociedade clientelar da época do fascista Fraga.
Non queremos un goberno coitado e esiximos a implementación de medidas excepcionais para impedir que esta catástrofe teña unha segunda parte: a do formigón.
Unha aperta a tódolos afectados polo terrorismo incendiario nestes días de pranto e borralla. Apaguemos os lumes. Fagamos algo.
Mari-Gaila
Comment by arinspunk — August 11, 2006 @ 11:19 am